Alianzas e acordos de colaboración / Alliances and Collaboration Agreements

A Área de Benestar, Saúde e Deporte ten en vigor un programa de alianzas con diferentes entidades deportivas tanto públicas como privadas que permiten aumentar as posibilidades de práctica das persoas pertencentes á súa comunidade universitaria. Os principais programas serian os seguintes:

 

1.- Centros Deportivos

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte ten un programa especial de colaboración con diferentes centros deportivos e ximnasios das cidades de Ourense, Pontevedra, Vigo e as súas áreas de influencia para que as persoas que pertencen á comunidade universitaria da Uvigo poidan facer uso das instalacións destes centros en condicións especiais respecto das establecidas para a poboación xeral.

 

Consulta toda a información deste programa na web do DEPORXEST.

 

2.- Clubs e Federacións deportivas

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte mantén tamén acordos de colaboración con clubs e federacións deportivas para promover certas modalidades deportivas entre a comunidade universitaria da Uvigo entre os que destacan:

 

- Vigo Rugby Club

- Ourense Rugby 

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

CD Bosco - Celta feminino

Club Escola de Xadrez Pontevedra

Federación Galega de Atletismo

 

Consulta toda a información deste programa na web do DEPORXEST.

 

3.- Outras entidades

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte ten tamén acordos de colaboración asinados con entidades privadas do ámbito do deporte como clínicas de fisioterapia, tendas de material deportivo, etc.

 

Consulta toda a información deste programa na web do DEPORXEST.