Ligas Universitarias - Deportes Colectivos / University leagues - team sports

O programa Ligas Universitarias 2017/2018 está dirixido ás persoas da comunidade universitaria e inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade. As modalidades nas que vos podedes inscribir son as seguintes:

 

- Baloncesto mixto.

- Balonmán mixto.

- Fútbol sala femenino.

- Fútbol sala masculino.

- Fútbol 7 mixto.

- Rugby 7 mixto.

- Voleibol mixto.

 

1.2. Inscricións

- A inscrición realizarase nos tres campus do 1 ao 29 de setembro neste enlace. Non será posible inscribirse de ningún outro xeito. 

 - Co obxectivo de mellorar o funcionamento das ligas universitarias e asegurar un mellor compromiso dos distintos equipos inscritos a partir deste ano será necesario pagar unha FIANZA de 30€ para crear un equipo nas ligas universitarias. Esta taxa funciona a modo de fianza que será devolta ao final da competición no caso de o equipo cumpra con todos os seus compromisos: asistencia a todos os encontros, cumprimento dos regulamentos e normativas da Uvigo, etc.

- IMPORTANTE: A inscrición do equipo a fai o delegado solo con sus datos, o nome do equipo e pagando a FIANZA. Unha vez feita a inscrición, o programa daralle un código de equipo que terá que ter cada xogador para poder inscribirse. Por normativa de protección de datos, cada xogador do equipo, terá que inscribirse individualmente, aportando o código do equipo.

- Poderase elixir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo, entendendo como mañá o tramo horario comprendido entre as 10 e as 14 h. e como tarde o tramo entre as 14 e 19 h. (hora de inicio dos partidos)

- Os equipos de nova creación, serán incluidos na división máis baixa.

- Os equipos que xa participaron na temporada pasada deberán conservar o seu nome se queren inscribirse na división que por méritos lles corresponde.

- Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á Comunidade Universitaria. 

- Cada xogador/a poderá inscribirse como máximo en dous equipos de distintas modalidades deportivas. En todo caso, o Servizo de Deportes non se responsabiliza das posibles incompatibilidades de horario das persoas inscritas en dúas modalidades deportivas.

- Non esta permitida a inscrición dunha mesma persoa en máis dun equipo da mesma modalidade deportiva.

- Non se aceptarán inscricións de equipos que non teñan o número mínimo establecido de xogadores/as.

 

Modalidade

  Nº máximo

   Nº mínimo

Baloncesto

        12

        7

Balonmán

        14

        9

Fútbol sala

        12

        7

Fútbol 7

        16

       10

Voleibol

        12

        8

Rugby 7

        10

        8

 

1.3. Lista de equipos inscritos e reclamacións:

 

A continuación podedes consultar os listados de equipos inscritosSe algún equipo tivera feito a súa inscrición e non aparecera na lista publicada na web, poderá facer unha reclamación por correo electrónico con data límite o mércores 4 de outubro:

 

- CAMPUS DE VIGO: Equipos inscritos - Listado definitivo

- CAMPUS DE OURENSE: Equipos inscritos - Listado definitivo 

- CAMPUS DE PONTEVEDRA: prazo de inscrición ampliado ata o 15 de outubro (reclamacións a depor-po@uvigo.es)

 

1.4. Xogadores/as sen equipo

Aquelas persoas que non teñan equipo poden inscribirse na Bolsa de Xogadores/as sen Equipo para facilitar que os equipos xa inscritos se poñan en contacto con elas poidan fichalas para completar as súas plantillas.

 

1.5. Sistemas de competición: ascensos, descensos e clasificados para as Fases Finais

As competicións darán comezo a partir da segunda semana de outubro. Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito. Podes consultar esta información nos seguintes enlaces:

 

- Campus de Vigo: Sistema de competición. Clasificados, ascensos e descensos

- Campus de Ourense: Sistema de competición. 

- Campus de Pontevedra: sistema de competición.

 

Ao remate das fases de campus, os equipos mellor clasificados en cada modalidade deportiva competirán entre eles o 9 de febreiro na Fase Final Intercampus que este curso celebrarase no Campus de Ourense.

 

1.6. Normativa

A competición rexerase polo Regulamente de Competicións Universitarias de Deportes Colectivos da Universidade de Vigo.

 

 

Campionatos Internos Individuais / Internal Individual Championships

 

 

Ao longo de cada curso académico a Universidade de Vigo organiza os seguintes campionatos internos:

 

- TENIS: Campionato da Universidade de Vigo

   - Previa por Campus: 5 ao 9 de marzo de 2018.

   - Final no Campus de Vigo: 12 ao 16 de marzo de 2018.

   - Regulamento

   - Cadro feminino Federadas

   - Cadro masculino Federados

   - Cadro non federados

   - Cadro non federados Campus Ourense

 

- TENIS: Liga de Outono

   - Meses de outubro, novembro e decembro. 

   - Información, regulamento e calendarios en www.deporxest.uvigo.es

 

 - TENIS DE MESA: X Trofeo "Eugenio Monje"

   - Xoves 8 de marzo de 2018 no Campus de Vigo.

   - Grupos, cruces e eliminatorias

   - Regulamento.

   - Resultados

  

 - PÁDEL: Campionato da Universidade de Vigo

   - 12 ao 16 de marzo de 2018 no Circulo Mercantil de Vigo.

   - Regulamento.

 

As inscricións, calendarios e resultados estarán dispoñibles a través da aplicación web da Área de Benestar, Saúde e Deporte www.deporxest.uvigo.es

 

 

ENGLISH TRANSLATION:

 

 

Throughout each academic year, the University of Vigo organises the following internal championships:

 

               - Tennis: University of Vigo Championship

                - Preliminary rounds per campus: First fortnight of March

                - Final at the Vigo Campus: Second fortnight of March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Tennis: Autumn league

                - October, November, December

                - Information pending 2016/2017

 

               - Table Tennis: 3rd ‘Eugenio Monje’ Trophy

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Paddle tennis: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Squash: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

               - Chess: University of Vigo Championship

                - March

                - Information pending 2016/2017

 

Registrations, calendars and results will be available through the web application of the Wellbeing, Health and Sport Department: www.deporxest.uvigo.es

Copa Fair Play - Deportes Colectivos / Fair Play Cup - Team Sports

 

A Copa Fair Play é un campionato de ámbito universitario que se disputa entre os meses de marzo e maio en cada campus da Universidade de Vigo.

O sistema de competición é preferiblemente por eliminatorias a un único partido aínda que a Área de Benestar, Saúde e Deporte resérvase a posibilidade de adaptar este sistema en función do número de equipos finalmente inscritos.

 

As datas, o regulamento e o modo de inscrición son os seguintes:

  - Inscrición: 1 ao 28 de febreiro

  - Competición: 6 de marzo ao 6 de abril

  - Regulamento da Copa Fair Play.

  - Equipos inscritos na Copa Fair Play:

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE VIGO.

- PRAZO DE RECURSO: 3 de marzo ás 14:00 h.

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 6-7 de marzo.

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE OURENSE.

PRAZO DE RECURSO: 16 de marzo ás 14:00 h.

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 21 de marzo.

LISTADO EQUIPOS INSCRITOS CAMPUS DE PONTEVEDRA

PRAZO DE RECURSO: 

- PUBLICACIÓN DE CALENDARIOS: 

 

 

ENGLISH TRANSLATION: 

   

The Fair Play Cup is a university championship which will be contested between March and May in each campus of the University of Vigo.

The system of competition is preferably a knock-out competition resulting in a single match, although the Wellbeing, Health and Sport Department reserves the right to adapt this system according to the number of registered teams.