Inscrición nas actividades do curso 2015/2016

O novo curso académico 2015/2016 continúa con novidades no Servizo de Deportes. Seguimos coas inscricións on-line (www.deporxest.uvigo.es) e a posibilidade de pago con tarxeta bancaria.

Xa podes adquirir o teu abono, inscribirte nas Escolas Deportivas e Centros Deportivos Abertos ou reservar a túa cita nos servizos de sáude!!

> QUE IDES A ATOPAR NOS DIFERENTES PROGRAMA DE ACTIVIDADES? 

 

>CAMPUS DE OURENSE:

 

NOVIDADE: Escola Deportiva de Ioga integral e Persoal Training

 

- Uso puntual das instalacións do Servizo de Deportes (pista polideportiva cuberta, pistas de squash, sala cardio - fitness, área de tenis de mesa, pista de tenis, pista de atletismo e campo de herba sintética para a práctica do fútbol/rugbi) e das instalacións do CDU-AQA Ourense (piscina, sala cardio - fitness e sala de actividades dirixidas)

- Tarxetas-abono do Servizo de Deportes (TDU Básica e Tarxeta Ponte en Forma), do CDU-AQA Ourense (Abono matinal e Abono completo) ou combinadas Servizo de Deportes+CDU AQA Ourense (TDU actividades, TDU Aqua e TDU dobre)

- Escolas Deportivas de pilates, ioga, xadrez, danza oriental, tai chi, aeróbic, defensa persoal, salsa bachata, street dance, ritmos latinos, natación, pádel, aquagym, squash, voleibol, rugbi, balonmán, tenis, ciclo indoor, aerojump ou GAP, entre outras. 

- Posibilidade de acceso aos segintes Centros Deportivos Abertos asociados ao Servizo de Deportes: Ximnasio Sabrosura e Ximnasio Saraiba.

Descarga aquí todo o PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CAMPUS DE OURENSE

 

>CAMPUS DE PONTEVEDRA:

- Uso puntual das instalacións do Servizo de Deportes (sala cardio - fitness, pista polideportiva e área de tenis de mesa).

- Tarxetas-abono do Servizo de Deportes (TDU Básica e Tarxeta Ponte en Forma).

- Escolas Deportivas de tai-chi, pilates, aerobic-power pump e defensa persoal.

- Posibilidade de acceso aos segintes Centros Deportivos Abertos asociados ao Servizo de Deportes: Centro Budo, Ximnasio Ardeas, Centro Onsen e Ximnasio Campolongo.

Descarga aquí todo o PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

 

> CAMPUS DE VIGO:

- Uso puntual das instalacións do Servizo de Deportes (sala de actividades dirixidas, sala de xadrez. pista polideportiva cuberta, área de tenis de mesa, rocódromo, sala cardio -fitness, pistas de tenis, campo de céspede sintético, campo de herba natural, pista de atletismo e pista de footing) e das instalacións do CDU-AQA Vigo (piscina, sala cardio - fitness, sala de actividades dirixidas e pistas de squash).

- Tarxetas-abono do Servizo de Deportes (TDU Básica e Tarxeta Ponte en Forma Básica), do CDU-AQA Vigo (Abono matinal e Abono completo) ou combinadas Servizo de Deportes+CDU AQA Vigo (TDU Aqua, TDU dobre, Ponte en forma Aqua e Ponte en Forma dobre).

- Escolas Deportivas de balonmán, xadrez, ioga, tenis, natación,  meditación ou bailes)

- Posibilidade de acceso aos segintes Centros Deportivos Abertos asociados ao Servizo de Deportes: CD Lanzalía, CD Coliseum, Ximnasio C. Simón, Aqua Sport, Viva Gym, Ximnasio Escola Vigo, Vigoentrena e Ximnasio Tao.

Descarga aquí todo o PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CAMPUS DE VIGO

 

E + ACTIVIDADES!

E, se para ti aínda non é suficiente, en breve poderás consultar tamén a información sobre o programa de Rutas Culturais, as Ligas Universitarias, as competicións interuniversitarias, os programas Augaventura ou Delecer, os servizos de medicina deportiva e fisioterapia, o Music+Sport, o X Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación ou a X edición da carreira HappyGoRunning.

 

> Contacto: