Augaventura Primavera Campus Mar Life 2016

Anulada definitivamente a Ruta Kaiak da Illa San Simón o sábado 23 abril

 

 

AUGAVENTURA PRIMAVERA CAMPUS MAR LIFE 2016

 

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo volve apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life Primavera 2016, onde se propoñen ata cinco actividades como son Bautismo de Surf, Rafting, Flyboard, Windsurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina).

Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar. 

 

BAUTISMOS DE SURF

 

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-TDU e 5 euros para o resto da comunidade universitaria.

 

RAFTING

 

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será o vernes 15 de abril para o grupo 1 e o venres 22 de abril para o grupo 2,  con data límite para anotarse o 6 e 13 de abril respectivamente. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para os voluntarios e de 15 para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.

 

RUTA ILLA SAN SIMÓN(Kaiak-Andaina)

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 16 de abril (a data límite de inscrición será o 7 de abril). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para os voluntarios e 10 para o resto. Colabora nesta actividade Marexada e desenvolverase na illa San Simón. É de dificultade baixa.

 

FLYBOARD

 

Esta actividade celebrarase o 9 de abril, con data límite de inscricións o 31 de marzo. O prezo é de 12€ para os voluntarios e 18€ para o resto. A entidade colaboradora é o Liceo Marítimo Bouzas.

 

WINDSURF

 

A actividade Windsurf será a quinta das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Primavera 2016, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar . O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. A actividade celebrarase o 12 de abril e o 3 de abril é a data límite de inscrición.

 

 

Consulta o programa completo pinchando aquí.