Xornada de portas abertas de tenis de mesa

Animámoste a participar nesta actividade coa colaboración do Club de Tenis de Mesa Vigo

Xornada de portas abertas de tenis de mesa

A xornada de portas abertas de tenis de mesa terá lugar o 22 de febreiro no pavillón de deportes dao Campus de Vigo entre as 14.00 e as 17.00 horas.

Tanto se non xogaches nunca o tenis de mesa, como se queres perfeccionar a túa técnica, vén a probar e aprende cos adestrador@s Club de Tenis de Mesa Vigo.

Se non tes pa, prestámoscha.

Inscríbete previamente de forma gratuíta en https://deporxest.uvigo.es