XVI TROFEO UNIVERSIDADE DE VIGO - CONCELLO DE NIGRÁN DE ORIENTACIÓN

Celebrarase o 10 de xuño cun novo percorrido pola zona de Monteferro.

Un marco incomparable para a proba de Orientación do verán.

O 10 de xuño celebrarase o XVI Trofeo Universidade de Vigo - Concello de Nigrán, un evento enmarcado na XXVI Liga Gallega de Orientación, que conformará tamén a 6ª proba da liga, e na que os organizadores agardan a participación de clubes de toda Galicia, León e Portugal.

Orientadores e acompañantes poderán gozar tanto do que é a proba como do marabilloso ambiente da poboación de Nigrán. O espazo de celebración do evento será un plano debuxado recentemente, en Monteferro. Trátase de todo un reto para poñer a proba a boa forma física e mental dos participantes que se agarda sumen en torno aos 450 corredores.

Trátase dunha carreira media na que recuperarán o sempre interesante monte galego.

O equipo da Universidade de Vigo sacará as súas mellores galas e agardan poder contar co total dos corredores da sección federeda, esto é uns 36 participantes que gozarán, ao igual que os restantes, dun espazo espectacular e poderán darse un baño no mar ao finalizar a proba e completalo con tapeo e un magnífico ambiente.