Quincena gratuíta

Faite Muver! Proba o noso abono Muver durante quince días.

Se aínda non o sabedes o Abono Muver é para vós. Do 22 de xaneiro ao 4 de febreiro pobádeo gratuitamente.

Dámosvos dúas semanas de acceso totalmente gratuíto ás nosas instalacións e ás actividades programadas para que gocedes dunha experiencia única.

Durante todos estes días poderedes asistir a clases como ioga, chan pelviano, defensa persoal feminina, Cross Training, Zumba, ...

Nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

A que esperades?

Non precisades quitar ningún bono, non tedes que inscribirvos en cada actividade, simplemente darvos de alta no Deporxest para ser usuarias e ususarios nosos e aparecer na actividade que máis vos apeteza probar. Non é preciso nin reservar a clase que queredes probar.

Exclusivo para persoas da comunidade universitaria da UVigo.