Master Class Karate-Do

Sábado 7 de outubro no Pavillón Universitario do campus de Vigo.

Se queres probar e introducirte no mundo do Karate, esta é a túa oportunidade.

A Área de Benestar, Saúde e Deporte coa colaboración da Escola Shotokan, ten preparada unha master class para o vindeiro sábado 7 de outubro no Pavillón Universitario do Campus Lagoas Marcosende de Vigo.

Cunha duración total de 4 horas o mestre Fernando Álvarez Saa tratará os principios fundamentais da dinámica do Karate-Do tradicional: principios básicos, forma, estabilidade, forza e velocidade, ritmo, oportunidade, …Técnicas fundamentais: adestramento das mesmas, aplicación da forza da cadeira, o equilibrio, as mans e pés como armas. Técnicas de ataque: puño, cóbado, man aberta, …Técnicas fundamentais de paradas e contraataques.

Cunha tarifa única de 15€ para comunidade universitaria e non universitaria. 

Non busques desculpas, esta é a túa oportunidade.

Descarga aquí a INFORMACIÓN COMPLETA MASTER CLASS KARATE-DO.