Maratón de Zumba Solidario

14 de decembro ás 20.00 no Pavillón Universitario de Pontevedra.

O Pavillón Universitario acolle a décimo quinta edición do Maratón de Zumba Solidario, unha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicita que achegue un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición. Organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade e a Vicerreitoría do campus, os produtos que se reúnan nesta actividade serán doados ao comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra.

Nas mans de toda a comunidade universitaria e non universitaria está que esta 15ª edición sexa todo un éxito e que nin a chuvia que restou participación o ano pasado sexa un impedimento para que centos de persoas se acheguen ao pavillón universtario. Se na anterior edición se recolleron case 200 quilos de alimentos non perecedoiros, este ano queremos superar esa cifra para que a xente que máis o necesite pase unhas festas de nadal como en familia.

Grazas á colaboración desinteresada de Coca Cola e Gadis que aportan bebidas, froita e barriñas enerxéticas as persoas participantes poden repoñer folgos e seguir gozando de dúas horas de diversión e exercicio, ao ritmo dunhas coreografías que combinan os movementos aeróbicos cos pasos de baile.

O único que se solicita ás persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta son ganas de divertirse e aportar, polo menos, un quilo de alimentos.

Nesta convovatoria contaremos coa cordinación de Bruno Hermida quen estará axudado por Olalla Beloso, Conchi Pedraza e Elena Martínez.