MBA en Deporte

Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte

Convocatoria dunha nova edición do Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

Único máster destas características en Galicia e un dos poucos de España.

Este máster capacita ao alumnado para a administración e dirección de todo tipo de entidades u organizacións deportivas, capacitando na especialización na xestión empresarial do sector deportivo, tanto na súa vertente pública como privada. Ofrece novos métodos de traballo aplicables á aos profesionais da xestión deportiva.

Excelente complemento formativo para os estudantes de CC. da Actividad física e do deporte alo cubrir un ámbito non tratado na súa  formación de grao.
Inmellorable continuación de estudos para os estudantado de ADE, Economía ou formación vinculada que estean interesad@s polo mundo do deporte e o contemplen como unha saída profesional de futuro. Oportunidade específica para os profesionais do sector xa traballando que desexen ampliar coñecementos e adquirir formación sobre aspectos concretos da súa práctica profesional. 

O período de preinscrición abrangue ata o 2 de xullo e toda a información pódese atopar en http://mbadeporte.es/

Un total de 60 ECTS conforman o programa repartidos en seis módulos ao longo dun curso académico. As clases impártense os venres de 16.00 a 21.00 e os sábados de 09.00 a 14.00.