Ligas Universitarias 2017/2018

O programa Ligas Universitarias 2017/2018 está dirixido ás persoas da comunidade universitaria e inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade. As modalidades nas que vos podedes inscribir son as seguintes:

 - Baloncesto mixto.

- Balonmán mixto.

- Fútbol sala femenino.

- Fútbol sala masculino.

- Fútbol 7 mixto.

- Rugby 7 mixto.

- Voleibol mixto.

 

 Inscricións

- A inscrición realizarase nos tres campus do 1 ao 29 de setembro neste enlace. Non será posible inscribirse de ningún outro xeito. 

 - Co obxectivo de mellorar o funcionamento das ligas universitarias e asegurar un mellor compromiso dos distintos equipos inscritos a partir deste ano será necesario pagar unha FIANZA de 30€ para crear un equipo nas ligas universitarias. Esta taxa funciona a modo de fianza que será devolta ao final da competición no caso de o equipo cumpra con todos os seus compromisos: asistencia a todos os encontros, cumprimento dos regulamentos e normativas da Uvigo, etc.

 

Normativa

- Os indicamos enlace co regulamento da Liga Fair Play: Regulamento 2017/2018