V Torneo Internacional Xadrez Campus Ourense

Inscríbete no V Torneo de Xadrez Campus Ourense.

Preséntase o V Torneo Internacional de Xadrez Campus de Ourense que se celebrará os días 30 de xuño e 1 de xullo no pavillón universitario do campus de Ourense. A cita, destacan os seus promotores, continúa consolidándose no circuíto de xadrez internacional conseguindo atraer cada ano a xogadores de maior calidade. “Aínda que poida haber favoritos, este ano o primeiro posto do torneo vai estar moi disputado”, explicou Lino Hermida, director do torneo e da Asociación de Xadrez Ourensán Universitaria, durante a presentación da competición. En total entregaranse 6480 euros en premios nas diferentes categorías, ademais de diversos trofeos. 

A data límite de inscrición será o xoves 28 de xuño e organiza o club Xadrez Ourense Universitario. As prazas están limitadas a 300 e para resolver calquera dúbida só hai que enviar un mail a xadrezcampusou@gmail.com