III Crossfit Solidario

17 de decembro ás 15.00 no Pavillón Universitario de Pontevedra

Deporte e solidariedade camiñarán da man, un ano máis, no evento que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade prepara para as datas previas ao Nadal no campus pontevedrés. O 17 de decembro, o Pavillón Universitario será escenario  dunha competición de crossfit solidaria, dirixida a que tanto a comunidade universitaria como a cidadanía poidan achegar o seu gran de area ao labor social que desenvolven diferentes organizacións. O terceiro Crossfit Solidario combinará a doazón da cota de inscrición que aboarán os participantes a unha ONG coa recollida de alimentos, roupa e xoguetes, que serán doados ao Banco de Alimentos e Cáritas.

O Pavillón Universitario acollerá a terceira edición do Crossfit Solidario, que a Área de Benestar, Saúde e Deporte promove xunto con Crossfit Turoqua, e aberta á participación dun máximo de 25 parellas. Cada participar deberá nesta edición aboar, no propio día do evento, unha cota de 5 euros, que será doada a unha ONG e á que pode sumar a doazón de alimentos roupa ou xoguetes, contribución á que desde a organización animan tamén a sumarse ao público que queira contemplar unha competición que combina nun circuíto unha ampla serie de exercicios de resistencia, forza e habilidade. O formato é o mesmo que os anos anteriores e este ano incorporamos unha serie de premios doados por diferentes empresas colaboradoras.

1.- Entidades organizadoras:

A Universidade de Vigo e Crossfit Turoqua únense para organizar a 3ª edición do Crossfit Solidario.

2.- Quen pode participar?
O evento está aberto ás persoas maiores de 18 anos e con experiencia deportiva en crossfit. O límite máximo de inscritos/as será de 25 parellas (masculinas, femininas ou mixtas).

3.- Cómo inscribirse?:
- As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do xoves 14 de decembro.<p>
- Se aínda non tes conta, crea unha no siguiente enlace https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/registro/index.jsp.Unha vez feito autentícate co login e contrasinal recibidos no teu correo electrónico (se es unha persoa externa) ou co teu correo da Uvigo ou co teu NIU (se eres da comunidade universitaria).
- Fai click no boton azul de INSCRICIÓN desta web.
- Marca o check de aceptar as condicions de participación e confirma a túa a preinscrición.
- Contacta con Crossfit Turoqua (639 65 71 75) e fai o pagamento da inscrición solidaria no seu box (rúa Cordón 11, baixo. CP. 36005 Pontevedra).
- Agarda a confirmación vía email por parte da organización.

4.- Achega solidaria:
A inscrición terá un custe de 5 € por persoa que serán doados integramente para a compra de xoguetes de Nadal que realiza o Concello de Pontevedra. Ademais, cada persoa participante así como o público en xeral achegarán 1 kg de alimento non perecedoiro, roupa ou xoguetes o mesmo dia do evento.

5.- Premios e agasallos:
Entregaranse agasallos a todas as persoas participantes e trofeos ás 3 parellas mellor clasificadas.

6.- Mais información e contacto:

- Web:http://crossfitturoqua.com/Crossfit Turoqua
- FB: https://www.facebook.com/pg/crossfitturoqua
- Correo electrónico:crossfitturoqua@gmail.com
- Tlf: 639 65 71 75 (María)

A inscrición deberá realizarse antes do 14 de decembro en https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1547