II Campus Xadrez Campus Ourense

Un campus para xogar o xadrez entre outras cousas.

Xa está organizada a segunda edición do noso Campus Xadrez que se celebrará nas instalacións do Campus Universitario de Ourense do 26 ao 30 de xuño. Nesas xornadas os nenos poderán exercitar tanto a súa mente coma o seu corpo.

En xadrez, se non saben, aprenderán, e se saben mellorarán as súas habilidades coas ensinanzas de Arian González,  mestre internacional de xadrez.

A planificación para cada día será a seguinte:

9h.: recepción dos participantes no pavillón polideportivo.

9:10 a 11h: xadrez (diferentes grupos e nivéis). Na “Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo”.

11 a 11:30: descanso (repartiranse bebidas e bocadillos para cada participante).

11:30 a 12:30: rugby touch (iniciación ao rugbi sen contacto).

12:30 a 14h: actividades de tempo libre e de lecer (xogos e diversas actividades ao aire libre).

 

Os alumnos federados de xadrez, terán a inscrición gratuíta no IV Torneo Internacional de Xadrez, campus de Ourense.

 

Para +info: https://drive.google.com/open?id=0B_FZ3tglr6ZjeXNyR2RLd2QxZ3c

Inscríbete: https://drive.google.com/open?id=13EWDlsVk7uugulG-yDY3mdwguhtsAAPWz-z8G2tR9is