Bolsa formación para difusión actividades deportivas

Remate prazo presentación solicitudes o 18/12/2017

Resolución reitoral do 30 de novembro de 2017 pola que se convoca unha Bolsa de formación complementaria do estudantado da Universidade de Vigo na Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de vigo, durante o curso académico 2017/2018.

Requisitos:

  • Estar matriculado/a no curso 2017/2018 no último curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, Grao en Comunicación Audiovisual ou no Máster oficial en Dirección de Arte Publicitaria.
  • Para o estudantado de grao ter superados o 50% dos créditos. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.

Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

As persoas solicitantes deberán acompañar, obrigatoriamente, a seguinte documentación no momento da presentación da solicitude:

- Certificación académica dos estudos realizados no caso de que realizaran nunha universidade distinta á de Vigo

- Currículo, no que indicará a formación e as actividades realizadas que considere de interese para o desenvolvemento da bolsa con documentos acreditativos dos méritos alegados.

- Certificación acreditativa dos cursos de formación.

As solicitudes realizaránse a través do formulario que aparece na convocatoria e deberán presentarse debidamente asinadas nos rexistros da universidade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 18 de decembro de 2017

As funcións da persoa seleccionada serán as de colaborar na comunicación da Área de Benestar, Saúde e Deportes, deseñar imaxes, apoio nas redes sociais, etc.

Máis información en:

https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/