Augaventura primavera Campus Mar Life 2018

AUGAVENTURA PRIMAVERA CAMPUS MAR LIFE 2018

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e o Campus do Mar volven apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life primavera 2018. Nesta nova tempada propóñense ata sete actividades como o Flyboard , Paddlesurf, Rafting, a Ruta a Illa de San Simón (Kaiak-Andaina-Snorkel), Bautismo de Surf, Wakeboard e Windsurf.

Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar. 

 

A actividade de Flyboard levarase a cabo no club náutico de Raxó e no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo). Cunhas tarifas de 12€ para os abonos Muver, Ponte en Forma e voluntariado do Campus do Mar, e 18€ para o resto da comunidade universitaria . Nesta edición teremos dous grupos: o 24 de marzo e o 21 de abril. As datas límites para inscribirse son o 13 de marzo e o 11 de abril respectivamente.

 

Paddlesurf celebrarase no Vao-Toralla (Vigo) e no río Lérez (Pontevedra), cun prezo de 10€ para os abonados a Muver, Ponte en Forma e o voluntariado do Campus do Mar e 15€ para o resto da comunidade universitaria. Os días 21 e 28 de abril, con límite de inscrición o 11 e o 18 de abril.

 

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será os días 23 de marzo e 20 de abril. Datas límite de inscrión 13 de marzo e 10 de abril. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para o voluntariado do Campus do Mar e abonos Muver e Ponte en Forma e de 15 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina-Snorkel) celebrarase o 14 de abril (a data límite de inscrición será o 4 de abril). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para os abonados a Muver e Ponte en Forma voluntariado e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada.

 

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar e abonados a Muver e Ponte en Forma e 5 euros para o resto da comunidade universitaria. Celebraránse o 1 e o 29 de abril, con datas límites para a inscrición o 21 de marzo e o 18 de abril.

 

Wakeboard desenvolverase en Bouzas (Vigo) e en Moaña. Prezos de 7€ para os abonados a Muver, Ponte en Forma e voluntariado do Campus do Mar e de 10€ para o resto da comunidade universitaria. o domingo 24 de marzo e o 22 de abril, con límite de inscrición o 14 de marzo e o 11 de abril.

 

A actividade Windsurf e outra das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Primavera 2018, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar que se realizará na Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. O prezo oscila entre os 7 e euros para os abonados a Muver e Ponte en Forma os 10 euros para a comunidade universitaria e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. Realizaráse o día 10 de abril, o día límite para inscribirse é o 2 de abril.

 

 

Consulta o Programa Augaventura 2018

 

 English translation:

 

AUGAVENTURA CAMPUS MAR LIFE SPRING 2018

 

The University of Vigo Wellbeing, Health and Sport Area and the Mar Campus bet again for the aquatic sports in a new edition of Augaventura-Campus Mar Life Spring 2018. There are available until 7 different activities like surf initiation, rafting, wakeboard, flyboard, windsurf, paddlesurf and the Illa de San Simón route (kayak-walk).

 

All inscriptions and payments should be made through: www.deporxest.uvigo.es and they are designed for members of the university communities. (Alumnado, PDI and PAS), and for institutions that are part of I+D group Campus do Mar.

 

Regarding the surf initiation, it will take place in Patos beach (Nigrán), and we count on the collaboration of Prado Surf School. The price for the activity is 3€ for the Campus Mar TDU voluntary service, and 5€ for the university community. It will take place the 1st and 29th April.

 

Rafting will take place the 23rd March and the 20th April, and we can on the help of Arrepións organization. The activity will take place in the Miño river, in Arbo. The price is 10€ for the voluntary service and 15€ for the university community. The activity will take 4 hours.

 

The San Simon Island route (Kaiak-Andaina-Snorquel) will take place the 14th of April (the deadline for registration is the 4th April). The price for this acquatic activity is 7€ for the voluntary service and 10€ for the rest. Marexada collaborate in this event.

 

The next proposal is Flyboard, that on this occasion will take place in the Raxó nautical club and in the Liceo Marítimo of Bouzas (Vigo). The price is 12€ for the voluntary work and 18€ for the rest. In this edition we will have two groups: the 24th March and the 21st April.

 

Wakeboard will take place in Bouzas (Vigo) and in Moaña. Special prices of 7€ and 10€. it will take place the 24th March and the 22nd April.

 

Windsurf activity is another Augaventura-Campus Mar Life Spring 2018 proposal. We count on the collaboration of Terra e Mar that will take place in the Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. The price will be around 7€ and 10€, and it will last 2 hours approximately. The deadline for registration is the 2nd April and it will take place the 10th April.

 

Paddlesurf, in the Vao-Toralla (Vigo) and in the Lérez River (Pontevedra). The price is 10€ for the voluntery work and 15€ for the university community. It will take place the 21st and 28th of April.

 

For more detailed information, please check the Augaventura Spring Program 2018.