Augaventura outono Campus Mar Life 2017

AUGAVENTURA OUTONO CAMPUS MAR LIFE 2017

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e o Campus do Mar volven apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life outono 2017, onde se propoñen ata sete actividades como son Bautismo de Surf, Descenso de rápidos (Rafting), Wakeboard, Flyboard, Windsurf, Paddlesurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina-Snorkel). 


Todas as inscricións e pagamentos poderán realizarse a partir do 1 de setembro en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas ás persoas pertencentes á comunidade universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e ás das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar. 

 

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-Abono Muver e 5 euros para o resto da comunidade universitaria.Dous grupos: 1 e 8 de outubro.

 

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Descenso de rápidos (Rafting) que será os días 29 de setembro e 6 de outubro. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para o voluntariado-abonad@s e de 15 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade inclúe o transporte dentro da tarifa.

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina-Snorkel) celebrarase o 7 de outubro (a data límite de inscrición será o 27 de setembro). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para o voluntariado-abonad@s e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada.

 

A seguinte  proposta é o Flyboard que nesta ocasión se leva a cabo no club náutico de Raxó e no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo). Cunhas tarifas de 12€ para o voluntariado e 18€ para o resto. Nesta edición teremos dous grupos: o 1 e o 22 de abril.

 

Wakeboard desenvolverase en Moaña e Bouzas (Vigo). Prezos especiais de 7€ e 10€. Celebraranse os días 8 e 15 de outubro. Colabora Tierra y Mar.

 

A actividade Windsurf é outra das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Outono 2017, unha actividade para a que contamos coa colaboración de Tierra y Mar e que se realizará nas instalacións do Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo). O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. Só haberá un grupo para o 3 de outubro con datal límite de inscrición o 25 de setembro.

 

Por último o Paddlesurf que se celebrará no Vao-Toralla (Vigo) o 30 de setembro e no río Lérez (Pontevedra) o 14 de outubro, cun prezo de 10€ para voluntariado do Campus do Mar e persoas con abonos Muver e 15€ para o resto da comunidade universitaria.

 

Consulta o Programa de Actividades Augaventura Outono 2017.