Augaventura outono Campus Mar Life 2016 / Augaventura Campus Mar Life Fall 2016

AUGAVENTURA OUTONO CAMPUS MAR LIFE 2016

 

AUGAVENTURA CAMPUS MAR LIFE AUTUMN 2016

Please scroll down for English translation.

 

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e o Campus do Mar volven apostar polos deportes acuáticos nunha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life Outono 2016, onde se propoñen ata seis actividades como son Bautismo de Surf, Rafting, Wakeboard, Flyboard, Windsurf e a Ruta da Illa de San Simón (Kaiak-Andaina).


Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar. 

 

O Bautismo de Surf celebrarase na Praia de Patos (Nigrán) e conta coa colaboración de Prado Surf Escola. O prezo da actividade é de 3 euros para o voluntariado de Campus Mar-TDU e 5 euros para o resto da comunidade universitaria.

 

A entidade Arrepións será a colaboradora da actividade de Rafting que será os días 30 de setembro e 7 de outubro. Levarase a cabo no río Miño, á altura de Arbo. O prezo é de 10 euros para o voluntariado e de 15 euros para o resto da comunidade universitaria. A actividade prolongarase durante catro horas.

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 8 de outubro (a data límite de inscrición será o 29 de setembro). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para o voluntariado e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada.

 

A ruta Illa de San Simón (Kaiak-Andaina) celebrarase o 3 de outubro (a data límite de inscrición será o 27 de setembro). O prezo desta proposta acuática é de 7 euros para os/as voluntarios/-as e 10€ para o resto. Colabora nesta actividade Marexada e desenvolverase na illa San Simón e é de dificultade baixa.

 

A seguinte  proposta é o Flyboard que nesta ocasión se leva a cabo no porto deportivo de Moaña. Cunhas tarifas de 12€ para o voluntariado e 18€ para o resto. Nesta edición teremos dous grupos: o 1 e o 8 de outubro.

 

A novidade desta edición é o Wakeboard que se desenvolverá en Bouzas (Vigo) o 9 de outubro. Prezos especiais de 7€ e 10€

 

A actividade Windsurf será a quinta das propostas para o Augaventura-Campus Mar Life Outono 2015, unha actividade para a que contan coa colaboración de Tierra y Mar que se realizará na Escola de Vela Federación Galega de Vela-Bouzas. O prezo oscila entre os 7 e os 10 euros e se desenvolverá ao longo de dúas horas aproximadamente. O 22 de setembro é a data límite de inscrición o día de realización o vindeiro 29 de setembro.

 

Consulta o programa completo pinchando aquí.

 

Augaventura no DUVI e no Universitas.

 

 

ENGLISH TRANSLATION:

 

 

News: Augaventura Life Campus Mar

 

The Area of ​​Wellbeing, Health and Sports at the University of Vigo and Campus do Mar returns water sports in a new edition of Augaventura-Campus Life Autumn 2016, where they propose six activities like Surf, Rafting, Wakeboarding, Flyboard, Windsurfing and Route Island of San Simón (Kayak).

 

All registrations and payments are on www.deporxest.uvigo.es and are provided for members of the university community (students, PDI and PAS) and the institutions that are part of the Group's I+D Campus del Mar.

 

Surfing will be practised at Praia de Patos (Nigrán) and has the support of Prado Surf School. The price is 3€ for volunteer of Campus Mar-TDU and  5€ for the rest of the university community.

 

The organization Arrepións collaborates the activity of Rafting which will be on 30th September and 7th October. It will take place on the river Minho, around Arbo. The price is 10€ for volunteer and 15€ for the rest of the university community. The activity will take four hours.

 

The route of St. Simon Island (Kayak) will take place on October 8th (the deadline for registration is September 29th). The price is 7€ for volunteer and 10€ for the rest. Marexada collaborates this activity.

 

The route of St. Simon Island (Kayak) will take place on 3rd October (the deadline for registration is September 27th). The price is 7€ for volunteer and 10 € for the rest. Marexada collaborates this activity.

 

The following proposal is Flyboard and takes place at the marina of Moana. The price is 12-16€ for voluntaree. This year we will have two groups: 1st and 8th October.

 

The novelty is wakeboard which will be in Bouzas (Vigo) on October 9th. Special rates from 7€ to 10€

 

The activity will be the fifth Windsurfing proposals for Augaventura-Campus Life Autumn March 2015, an activity for which they count on the collaboration of Land and Sea to be held at the School of Sailing Federation, Galician Sailing Bouzas. The price is between 7-10€ and will endure for two hours. The deadline is on 22th for registration.

 

 

 

Consult the full program by clicking here.

 

 

 

Augaventura in DUVI and University.