Actividades para a muller (campus Ourense)

Actividades de Ioga, Chan pélvico e Defensa persoal dirixidas especificamente para mulleres!

Este ano por primeira a Área de Benestar, Saúde e Deporte pon en marcha un programa de actividade física e exercicio dedicado exclusivamente para a muller. A idea é fomentar os hábitos saudables e a participación da muller nas actividades deportivas do Campus de Ourense co fin de lograr un benestar tanto físico como mental.

 

A práctica dos exercicios para o chan pélvico provoca, a medio e largo prazo, efectos positivos para a saúde, a nivel postural, respiratoria, vascular e sexual, sendo moi efectivo na prevención das hernias anatómicas en particular na muller, no campo de descenso dos órganos pelvianos e da incontinencia urinaria. Outros beneficios son a tonificación da faixa abdominal e rectificación das curvas da columna ou a rehabilitación postparto.

 

O Ioga proporciona

Fortaleza: as asanas tonifican cada parte do corpo.

Resistencia: a práctica regular incrementa a capacidade de traballo.

Flexibilidade: un corpo novo é mantido e restablecido a través dun correcto estiramento.

Postura: mentres o ton e a flexibilidade equilíbranse, establécese unha postura ergueita e sen esforzo.

Enerxía: a mellora do funcionamento glandular e a relaxación profunda deixan a un fresco e acougado.

Saúde: Un estado de benestar consistente é experimentado cando a mente e o corpo están equilibrados.

Mellora da circulación sanguínea.

 

A defensa persoal ten como obxectivos prioritarios destas clases son o mellor reclamo para convencernos da importancia que ten que todas as mulleres podan defenderse sin axudas de armas. Os obxectivos  fundamentais: dotar dunha serie de ferramentas que  permitan afrontar unha agresión da mellor maneira posible e, segundo, xerar autoconfianza na muller.

 

Horarios:      Chan pélvico,  luns e xoves de 18 a 19h (Ludoteca Edificio de Ferro)

                     Ioga, luns e xoves de 19 a 20h. (Ludoteca Edificio de Ferro)

                      Defensa persoal, luns e mércores de 16:00 a 17:00 h. (Pavillón universitario)

Usuarios: Mulleres con abono Muver, abono Ponte en Forma ou cunha entrada multideporte.