Abono Active Campus Europe

O abono Active Campus Europe proporciona acceso a un plan de 10 semanas de exercicio físico especialmente destinado a alumnos/as fisicamente inactivos/as. Durante o desenvolvemento deste programa as persoas contarán cun seguimento técnico e médico deportivo individualizado que lle permitirá ir adaptando o seu programa de actividade física aos progresos que vaia realizando.

 

 
> Persoas destinatarias:
Alumnado sedentario da Uvigo que non realice a actividade física recomendada pola OMS (30 minutos 5 dias a semana).

 

 
> Obxectivos do programa:
- Favorecer o cambio de hábitos e a adopción de estilos de vida máis saudables.
- Mellorar a condición física saudable e a calidade de vida.

 

 
> Vantaxes do abono Active Campus Europe:
- Todas as vantaxes incluídas no Abono Muver.
- Dúas revisións médico-deportivas gratuítas.
 
  • Inicial: para coñecer o punto de partida do usuario (historia clínica, IPAQ, exploración física e ortopédica, podoscopia, medición de tensión arterial, electrocardiograma, espirometría e control antropométrico).
  • Final: avalíase a efectividade do programa a través da evolución dos parámetros asociados a unha condición física saudable (antropometría, forza-resistencia muscular, flexibilidade, equilibrio e resistencia cardiorrespiratoria).
 
- Deseño de plan de actividade física en función das preferencias, gustos e estado de forma de cada usuario/a con seguimento personalizado ao longo de todo o seu desenvolvemento. Este plan deberá incluír como mínimo unha sesión presencial nas instalacións deportivas do campus mentres que os outros catro dias de actividade poden realizarse a distancia. A persoa participante levará un rexistro da súa actividade para poder avaliar o cumprimento dos obxectivos marcados.
 
> Cómo comezar?
1.- Realiza a inscrición e o pagamento do programa a través de deporxest.uvigo.es.
2.- Fai a reserva da túa cita médica inicial (a través do menú Nova entrada/Revisión Medica básica)
3.- Achégate á sala cardio fitness do teu campus e realiza a entrevista inicial co noso persoal técnico para establecer os obxectivos e as características básicas do teu programa personalizado de actividade física.