Aviso Legal

12/02/2015

A PERSOA USUARIA que accede e usa esta páxina web coñece e acepta as condicións xerais aquí redactadas, e as modificacións que se produzan, debendo acceder periodicamente a estas para o seu coñecemento.

 

A páxina web comprende os textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías e software incluídos na mesma, xa sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual.

 

PRIMEIRA.- Titular da web

 

A UNIVERSIDADEDE VIGO, titular do dominio http://deportes.uvigo.es/, é unha institución de carácter público con domicilio social en Campus Lagoas – Marcosende s/n 36310. Vigo (Pontevedra - España) a efectos de notificacións, con C.I.F. Q-8650002B, e que, a través do seu Servizo de Deportes, ten por obxecto a promoción da práctica deportiva entre as persoas pertencentes a súa comunidade universitaria, podendo ser contactada a través da dirección de correo electrónico deportes@uvigo.es.

 

SEGUNDA.- Obxecto da web

 

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo pon a disposición do público (en adiante USUARIO/A), que acceda ao dominio, http://deportes.uvigo.es (en adiante WEB), información e datos (en adiante CONTIDOS), mediante unha web de carácter informativa, podendo, ademais, a través da mesma, contratar os servizos ofrecidos (Ver Termos, Condicions de Uso e Política de Privacidade).

 

TERCEIRA.- Acceso á web

 

O acceso e uso da WEB polos usuarios é gratuíto, sen previa autorización, subscrición ou rexistro.

 

O acceso e uso do USUARIO/A a esta WEB non implica ningunha obrigación sobre a calidade e velocidade do acceso por parte de la Universidade de Vigo, que poderá modificar as condicións de acceso ou suspender o acceso á WEB, ou parte da web, sen previo aviso, non responsabilizándose a Universidade de Vigo, das consecuencias, danos e prexuízos ocasionados pola modificación do acceso e a suspensión da WEB.

 

O hardware e software necesarios para acceder á web serán por conta dos USUARIOS/AS. A Universidade de Vigo non será responsable do funcionamento nin das consecuencias destes, nin dos dereitos do uso ou licencias precisas para a súa utilización.

 

Tampouco será responsable a Universidade de Vigo de ningunha anomalía, mal funcionamento, deterioro, borrado de datos ou software que se produza nos equipos ou sistemas dos USUARIOS/AS, como consecuencia directa ou indirecta do acceso ou intento de acceso á WEB.

 

O servizo prestado pola Universidade de Vigo mediante a súa WEB é por tempo indefinido, sen prexuízo de poder suspenderse ou cancelarse esta sen previo aviso.

 

CUARTA.- Contidos da web

 

Os CONTIDOS da web son proporcionados polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. 

 

O idioma utilizado pola Universidade de Vigo na WEB será o Galego, sen prexuízo da utilización doutras linguas, nacionais ou autonómicas. A Universidade de Vigo non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da WEB polo usuario, nin das súas consecuencias.

 

A Universidade de Vigo poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da WEB, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación ningunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar aos usuarios.

 

Son propiedade da Universidade de Vigo todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da WEB, así como dos contidos que alberga.

 

Calquera uso da WEB ou dos seus contidos deberá ter carácter exclusivamente particular. Está reservado exclusivamente á Universidade de Vigo, calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da páxina web, así como desta mesma, polo que ningún USUARIO poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito da Universidade de Vigo.

 

Prohíbese o uso dos contidos da WEB para promover, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización da Universidade de Vigo, nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

 

As ligazóns ou hipervínculos que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta WEB, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra da Universidade de Vigo.

 

A Universidade de Vigo non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hipervínculos que se incorporen na WEB para a apertura de outras.

 

A Universidade de Vigo non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o USUARIO por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.

 

USO DE COOKIES. As cookies utilizadas nesta WEB son simplemente “cookies de autenticación o identificación de usuario”, polo que están excluídas do cumprimento das obrigacións establecidas no artigo 22.2 da LSSI.

 

QUINTA.- Usuarios da web

 

As persoas usuarias que accedan á WEB do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo farano conforme á Lei, e están obrigados en todo momento a non acceder á web e aos contidos de forma contraria á establecida e/ou con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan danar, deteriorar, saturar ou ralentizar a web, en prexuízo da Universidade de Vigo ou de terceiros usuarios.

 

As persoas usuarias non farán uso dos contidos da WEB de forma contraria á Lei, (especialmente a Lei de Propiedade Intelectual e Industrial) usos e costumes e orden público, nin copiarán, distribuirán, difundirán, transformarán, modificarán ou manipularán estes.

 

O Servizo de Deportes non dispón na sua WEB de produtos ou servizos a disposición das persoas usuarias onde estes deban introducir calquera tipo de contidos ou información, como poidan ser grupos de noticias, chat, foros ou outros de carácter similar. 

 

O acceso aos contidos da WEB por parte do USUARIO/A será baixo a súa total responsabilidade non podendo repercutir á Universidade de Vigo calquera consecuencia derivada directa ou indirectamente do acceso á web, xa sexa de ámbito físico, lóxico, moral ou persoal.

 

A Universidade de Vigo poderá responsabilizar aos usuarios que facendo un mal uso da WEB, causasen danos ou prexuízos a terceiras persoas, así como os posibles virus ou programas informáticos, que puidesen introducir, xerar, aloxar na web, e deterioren ou poidan deteriorar tanto os contidos como o bo funcionamento desta, así como os equipos, sistemas e programas dos usuarios da web.

 

A Universidade de Vigo poderá dirixirse contra os usuarios sobre todas as reclamacións, indemnizacións, multas ou sancións administrativas que recaesen sobre a Universidade de Vigo e sexan responsabilidade directa ou indirecta dalgún USUARIO/A dos contidos ou servizos da WEB.

 

Todas as persoas usuarias que coñezan algunha actuación que estea deteriorando ou poida deteriorar o bo funcionamento da WEB do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, modificar ou alterar os contidos desta, deberán comunica-lo inmediatamente á Universidade de Vigo.