Sistema de Xestión Ambiental (SXA)

O Servizo de Deportes implantou no ano 2012 un Sistema de Xestión Ambiental Certificado segundo a norma internacional UNE-EN ISO 14001.

 

COMO FUNCIONA O SISTEMA DE XESTIÓN AMBIENTAL?

 

O sistema de xestión ambiental serve básicamente para que cada unha das actividades ou traballos que se desenvolven teñan a menor incidencia ambiental:

 

 

  • FAINOS CUMPRIR: estamos ó día de toda a lexislación ambiental que nos afecta e respectámola en todos os aspectos que nos son de aplicación.
  • FAINOS COÑECER: todo o persoal vinculado ó Servizo de Deportes ten a formación necesaria para facer o seu traballo diario co menor impacto posible no medio ambiente.
  • FAINOS ACTUAR: deseñamos uns procedementos xenéricos de traballo de xeito que o uso de recursos, o consumo enerxético, a xeración de residuos, emisións e vertidos sexa o menor posible.
  • FAINOS CONTROLAR: rexistramos os consumos e os residuos xerados periodicamente para comprobar a efectividade da nosa xestión ambiental.
  • FAINOS MELLORAR: establecemos obxectivos concretos para optimizar a nosa xestión e poñemos en marcha medidas para acadalos.

 

 

NO ANO 2012, GRAZAS AO SISTEMA DE XESTIÓN AMBIENTAL, CONSEGUIMOS REDUCIR NUN 2,8% O CONSUMO ENERXÉTICO E NUN 32% O CONSUMO ANUAL DE AUGA

 

Máis información:


Se queres coñecer mais a fondo o Sistema de Xestión Ambiental podes consultar a nosa política ambiental e a páxina web da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo.

 

 

English Translation:

 

 

Environmental Management System (EMS)

 

The Sports Services has implemented in 2012 an Environmental Management System certified according to the international norm UNE-EN ISO 14001.

 

HOW DOES IT WORK?

 

The environmental management system is used mainly in order for each of the activities or work to have the lowest environmental impact:

 

We have to:

- PERFORM: we are up to date on all environmental laws which affect us and the respect in the aspects which we apply

- KNOW: All the Sports Service’s staff have the necessary training to do their daily work with the least possible impact on the environment.

- APPLY: We plan generic procedures of work in order that the use of resources, energy consumption, waste emission, emissions and discharges make the lowest possible.

- CONTROL: We register our consumption and waste generated periodically to verify the effectiveness of our environmental management.

- IMPROVE: We establish concrete objectives to optimize our management and put in place measures to achieve them.

 

In 2012, thanks to the environmental management system, we managed to reduce by 2.8% the energy consumption, by 32% the annual water consumption.

 

More information:

If you want to learn more about the Environmental Management System, you can consult our environmental policy and the website of the Office of the Environment at the University of Vigo.

Criterios ambientais en contratacións externas

A Universidade de Vigo, a través dos Servizos Centrais (Contratación – Xerencia) e a Oficina de Medio Ambiente, introduciu criterios ambientais para á contratación do servizo de limpeza das instalación deportivas e os traballos de conservación das zonas verdes e campos deportivos.


Se queres saber máis:

 

CRITERIOS AMBIENTAIS NOS SERVIZOS DE LIMPEZA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CRITERIOS AMBIENTAIS NOS SERVIZOS DE CONSERVACIÓN DE ZONAS VERDES DA UNIVERSIDADE DE VIGO