HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2016

24/04/2016

> Que é?

 

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, Fundación Galega contra o narcotráfico ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A carreira de 10 k formará parte do Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares. Os/as inscritos/as na carreira HappyGoRunning - Cidade Universitaria quedarán inscritos automaticamente no circuíto RunRun Vigo.

Consulta o Regulamento da HappyGoRunning 2016 para aclarar todas as túas dúbidas sobre a normativa do evento.

 

> Quen pode participar?

 

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina.

 

 

> Información xeral

 

A carreira desenvolverase o vindeiro 24 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

A carreira desenvólvese sobre un circuíto de 3.333 m. que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.

 

As persoas participantes haberán de optar por correr nunha destas distancias:

 - 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto)

- 10 km. (tres voltas ao circuíto)

 

Tamén nesta edición organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario. Manténte informado de todas as novidades da nosa carreira na páxina de Facebook deste evento.

 

 

> Inscricións:

 

As inscricións efectuaranse exclusivamente a través de:

 

Enlace inscricións HappyGoRunning 

 

 

O prazo estará aberto ata as 23:59 h do martes 19 de abril (límite de prazas: 1000).

 

> Taxas

 

Andaina: 3 €

 

Carreiras Pro e Iniciación:

- Comunidade universitaria Uvigo: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario coa Fundación Galega contra o Narcotráfico).

- Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 solidario coa Fundación Galega contra o Narcotráfico).

 

 

> Resultados e clasificacións: Podedes consultar todas os resultados e clasificacións en www.championchipnorte.com.

 

> Premios e agasallos:

 

- Clasificación Xeral: outorgaranse premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k.

- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un premio ao campus gañador e agasallos as persoas, ata un máximo de 20, que o integren (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria).